Xornada sobre Protección de datos, competencia desleal e aplicación práctica no ámbito TIC

Xornada sobre Protección de datos, competencia desleal e aplicación práctica no ámbito TIC

O vindeiro día 20 de abril terá lugar a Xornada que a AETG organiza con carácter anual en colaboración con INEO, nesta ocasión baixo o título "Protección de datos, competencia desleal e aplicación práctica no ámbito TIC".

O sector TIC é especialmente sensible aos actos desleais. Como podemos evitalos? Como podemos protexer a información da nosa empresa? Nesta xornada, varios expertos na materia dannos as claves para poder facelo.

A asistencia á xornada é gratuíta. Consulta o programa e como inscribirse no seguinte enlace Protección de datos, competencia desleal e aplicación práctica no ámbito TIC.