Xornadas formativas sobre TDT e a liberación do Segundo Dividendo Dixital
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza unha serie de xornadas formativas sobre a liberación do 2º Dividendo Dixital dirixidas a diferentes colectivos, axentes implicados na materia e usuarios finais, para informar e asesorar sobre este proceso, un cambio significativo para a sociedade na área do desenvolvemento das telecomunicacións. O programa será o seguinte:
- En que consiste o 2º Dividendo Dixital
- Como afecta a Galicia: afeccións por provincia, calendario de actuacións, cambios de canles, etc.
- Información subvencións para adaptación das instalacións de recepción TDT
Máis información e inscricións a través do teléfono 981919300 ou do enderezo electrónico segundodividendodixital@aetg.gal
Calendario:
Data: Xoves 28 de novembro. 12.00h
Lugar: CDTIC Santiago de Compostela. Retransmisión por videoconferencia nas aulas CeMIT de Abegondo, Celanova, Santa Comba e Valga
Dirixida a: concellos galegos, deputacións provinciais, entidades de interese, usuarios en xeral
Data: Mércores 27 de novembro. 16.00h
Lugar: Confederación de Empresarios de Galicia. Rúa do Vilar, Santiago de Compostela
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións de toda Galicia
Data: Mércores 27 de novembro. 18.30h
Lugar: Confederación de Empresarios de Lugo.
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións da provincia de Lugo
Data: Martes 3 de decembro. 20.00h
Lugar: Confederación de Empresarios de Ourense
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións da provincia de Ourense
Data: Xoves 28 de novembro. 18.00h
Lugar: Espazo de Coworking Vigo
Dirixida a: Instaladores de telecomunicacións da provincia de Pontevedra
Data: Venres 13 de decembro. 16.30h
Lugar: Forma Coworking Vigo
Dirixida a: Administradores de fincas da provincia de Pontevedra
Lugar: CoWorking Espacio Lugo
Dirixida a: Administradores de fincas da provincia de Lugo
Lugar: Espazo Coworking MAGMA
Dirixida a: Administradores de fincas da provincia de Ourense
De forma permanente a AETG ofrece información e asesoramento sobre o segundo dividendo dixital no teléfono 981919300. Tamén se poden realizar consultas a través do enderezo electrónico segundodividendodixital@aetg.gal