XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
“Só desde a unión podemos avanzar e afrontar con éxito os grandes retos que se nos presentan cada día como son, entre outros, a ciberseguridade e o big data. Ou facémolo nós ou alguén o fará por nós”, dixo o noso decano/presidente Julio Sánchez Agrelo, na súa intervención na XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrou no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña.
A Noite, que presidiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comezou ás oito da tarde cun networking, no que participaron uns 300 profesionais e empresarios do sector. Ás 21,30, principiou a gala -dedicada á ciberseguridade- presentada pola actriz e bailarina, Silvana Sestelo. Foi un espectáculo, tan disruptivo como orixinal, no que se conxugaron, con gran ritmo, a música, a iluminación, a danza, a proxección de vídeos, os discursos e a entrega de premios.
No seu transcurso foron galardoados profesionais e empresas: Enxeñeiro do Ano, Paulino González; Socio de Honra, Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC, Situm Technologies; GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC, Alejandro Ramos Soto; ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado en colaboración coa Amtega, Balidea Consulting & Programming; ó mellor expediente académico do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Víctor Manuel Segura Sieiro; e o premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, FINSA.
No nome dos premiados interveu o enxeñeiro do ano, Paulino González, quen subliñou que volvendo a vista atrás, “les puedo decir que ha sido una satisfacción ejercer como teleco. Si volviera a nacer, volvería a elegir, sin lugar a dudas, esta maravillosa profesión”.
González fixo referencia ao seu paso por Telettra, Airtel e Vodafone e á súa contribución ó desenvolvemento da rede de telefonía móbil de Vodafone en Galicia, que, dixo, “posibilitó la dinamización del mercado y la siempre estimulante competencia”. Cunha consecuencia clara, “una mayor calidad de un servicio, que hoy es de primera necesidad”.
“La infraestructura de nuestra red –engadiu Paulino González- se desarrolló en igualdad de condiciones que en el resto de España, tanto en tiempo como en calidad”. O que, por desgraza, dixo, “no podemos afirmar en relación con otras infraestructuras también esenciales”.
O enxeñeiro do año rematou o seu breve discurso cunha referencia familiar e dedicando o premio a un “elenco de extraordinarios profesionales que me han ayudado y acompañado a lo largo de esta fantástica carrera profesional. Sin ellos nada hubiera sido posible”. Por iso, “en un acto de justicia”, puntualizou, “quiero compartir con todos ellos el premio que han tenido la amabilidad de concederme”.
A Noite desenvolveuse logo do proceso electoral celebrado no primeiro semestre deste ano, co que se abre “unha nova etapa no Colexio e na Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia”. “Estamos aquí -enfatizou Julio Sánchez Agrelo- para recoller a magnífica herdanza dos equipos directivos que nos precederon e para, na medida do posible, superala e mellorala”.
Despois dunhas palabras de recoñecemento para o decano e presidente saínte o seu substituto sinalou que “tomamos o relevo con tanta determinación como ilusión”. E fixou, como o seu principal obxectivo, “vertebrar aos profesionais das TIC, comezando pola integración, no colexio e na asociación, de todos os enxeñeiros de telecomunicación de Galicia”.
Ademais, o novo decano e presidente do Colexio e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia puxo especial énfase na “defensa da dignificación do noso traballo”. E -engadiu- “ reivindicaremos a nosa función como profesionais das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. A ninguén debe molestarlle que reclamemos o que lexitimamente nos corresponde”.
Antes de finalizar, Sánchez Agrelo tivo unha lembranza emocionada para Fernando Pardo, falecido hai un ano, ó que definiu “como uno de los padres fundadores de la TVG, un maestro y un magnífico divulgador de la ingeniería de telecomunicación. Una referencia a seguir, tanto en el ámbito personal como profesional”.
Con este acto en Palexco e 22 anos despois da súa posta en marcha, a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información pasa a ser itinerante e, nos vindeiros anos, celebrarase nas cidades máis importantes da nosa comunidade. Esta edición coincidiu, por certo, co 25 aniversario da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
En agradecemento aos nosos patrocinadores: