17 de maio: conmemoramos o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Hoxe celébrase o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, como cada ano desde 1969 en conmemoración da fundación da Unión Internacional das Telecomunicacións tal día como hoxe, o 17 de maio de 1865, a raíz da sinatura en París do primeiro Convenio Telegráfico Internacional.

Desde o COETG/AETG sumámonos a esta celebración, para conmemorar a contribución das TIC ao desenvolvemento da sociedade da información e na que este ano preséntase a "Axenda Conectar 2030 para o desenvolvemento mundial das telecomunicacións/TIC", vinculada ao Plan Estratéxico da Unión para o período 2020-2030, en particular con respecto á forma na que os avances tecnolóxicos dos vindeiros 10 anos contribuirán a facilitar o cumplimento dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 das Nacións Unidas.

No marco deste plan estratéxico, recoñécese que a difusión da tecnoloxía da información e a comunicación e a interconexión a escala mundial teñen unha gran capacidade para facilitar os avances humanos e reducir a fenda dixital. Permitirá aos membros da UIT incidir nos avances das TIC que faciliten a transición ao desenvolvemento intelixente e sostible. En particular, abordaranse as solucións específicas que propicien as TIC e as novas tendencias para fomentar a sostibilidade económica, medioambiental e social, e contribuír aos obxectivos estratéxicos da Axenda Conectar 2030.

Admemais en Galicia, esta data coindicide co Día das Letras Galegas, data que tamén celebramos desde o COETG/AETG coa promoción do galego na rede. Este ano, a conmemoración das Letras Galegas conflúe especialmente coas tecnoloxías da información e a comunicación, cunha serie de propostas en rede en substitución de actos de carácter presencial.

itu dmtsi2020.jpg