25 aniversario da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información!

Este ano celébrase o 25 aniversario da Noite Galega das Telecomunicacións, un importante encontro de networking no que se dan cita destacadas entidades, empresas e profesionais do sector TIC, co obxectivo de dar visibilidade á nosa profesión. Unha gala consolidada coma un acto divulgativo de primeiro nivel cunha capacidade de convocatoria única de todo o sector das TIC en Galicia.

A gran cita anual do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia terá lugar o vindeiro venres 22 de outubro de 2021 no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

Para máis información visita a web anoitedastelecomunicacions.gal

XXV NOITE-PERFIL RRSS.jpg