31 de outubro, data para a finalización do proceso de liberación da banda de 700MHz

O Consello de Ministros aprobou o 23 de xuño a nova data para a finalización do proceso de liberación da banda de 700 MHz, coñecido como Segundo Dividendo Dixital, que será o próximo 31 de outubro de 2020.

Esta nova data é consecuencia da situación excepcional provocada pola crise sanitaria do COVID-19, xa que as medidas de distanciamento social e restrición de mobilidade implantadas durante o estado de alarma obrigaron a retardar a execución das actuacións para a liberación destas frecuencias, necesarias para o despregamento das futuras redes 5G.

Por outra banda, as emisións en “simulcast” (emisións simultáneas na antiga e na nova frecuencia) manteranse ata o 30 de setembro, co obxectivo de facilitar aos usuarios a adaptación das súas instalacións para recibir as novas frecuencias planificadas.

Máis información:
Oficina Televisión Dixital Terrestre
Televisión Dixital Terrestre

im-antena.jpg