49º edición do Congreso da Federación dos Enxeñeiros de Telecomunicación da Comunidade Europea (FITCE)

Fitce_foto1.JPG

O Congreso FITCE, que celebra a súa 49º edición, tivo lugar na capital galega, Santiago de Compostela, coincidindo co Ano Santo Xacobeo, dende o 1 ata o 4 de setembro. O evento, que congregou no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia a máis de 300 asistentes procedentes de todos os puntos da xeografía europea, centrouse no estado presente e plans futuros das Infraestruturas de Telecomunicacións baixo o slogan The Way of Santiago and European Telecommunications.

O Congreso FITCE contou có apoio da S.A.R. o Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón e Grecia, como presidente do comité de honra do mesmo. Forman parte tamén deste Comité, Alberto Núñez Feijoó, Presidente da Xunta de Galicia; Miguel Sebastián Gascón, Ministro de Industria, Turismo e Comercio; Bernardo Lorenzo Almendros, Secretario de Estado de Telecomunicaciones e da Sociedade da Información; Mar Pereira Álvarez, Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, entre outros.

A 49º edición do Congreso FITCE comezou coa recepción dos asistentes ao congreso durante a tarde do mércores día 1, no hotel Puerta del Camino, situado a carón do Palacio de Congresos, na cal estiveron presentes os representantes do FITCE a nivel europeo e local, para dar a benvida aos congresistas.

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acolleu o programa científico do Simposio composto por 35 presentacións orais, 13 sesións de posters e dúas mesas redondas (integradas por fabricantes e operadores de telecomunicacións respectivamente). Os relatores analizaron o campo dos servizos e aplicacións TIC, profundando na nova era do TIC e as redes de acceso pensadas para o mañá e deron un paso no camiño cara ás redes de próxima xeración.

fitce_apertura.JPG

O xoves día 2 ás 9.00 horas deu comezo a primeira xornada coa formalización da inscrición por parte dos congresistas. Ás 9.30 tivo lugar a Sesión de Apertura na que interviñeron Andrea Penza, presidente de FITCE, Miguel Merino, presidente do comité executivo de FITCE e Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Programa Técnico FITCE
Libro Abstracts FITCE

Durante os dous días de sesións, celebráronse dúas Mesas Redondas. A primeira, celebrada o xoves baixo o título “>Present and future of telecomunications services in Spain”, estivo moderada polo representante da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Javier Laíño, e participaron Antoni Elías, en representación da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, Alberto Moreno da compañía Telefónica, Didier Clavero de Vodafone e José Pose e IBM Telco. Nesta mesa os temas debatidos xiraron entorno ao presente e futuro dos servizos de telecomunicación en España. Falouse sobre o espectro radioeléctrico, do dividendo dixital, e da evolución das redes de acceso 2G/GPRS/EDGE/3G/HSPA+/LTE... e o FTTN-FTTH, ademáis de temas relacionados coa innovación de produtos e servizos, a competencia e os servizos de percepción do cliente, como será o futuro, cal é a posición dos operadores, etc.

Fitce_mesa1.JPG

A segunda Mesa, celebrouse o venres e versou sobre a temática “European manufacturers: ICT trends and implications”. Estivo moderada por Valerik Vardanyan, representante da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, e participaron Justo Rodal en representación de Televés, Xerardo García en representación de Itelsis e Juan Carlos García representante de Ericsson. O tema de debate desta mesa xirou entorno aos fabricantes europeos, as tendencias e implicacións das TIC, así falouse sobre o avance tecnolóxico e os avances das TIC, a converxencia de servizos TIC e equipos, novas tendencias das aplicacións TIC industriais, o Estado e os problemas de produción en Europa, tanto problemas económicos como de calidade, seguridade e de lexislación europea, dos requisitos e as perspectivas de desenvolvemento das TIC, etc.

fitce_mesa2.jpg

Tamén durante o xoves e o venres, se celebraron dous Keynote Lecture. O primeiro, tivo lugar o xoves e a persoa invitada foi Luis Rodríguez Roselló, que é enxeñeiro de telecomunicación e Director i.a. de "Redes converxentes e Servizos" na Comisión Europea. Luis Rodríguez é toda unha personalidade no ámbito das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, foi Director do R & D do Departamento na ITE (Instituto de Tecnoloxías na Educación) do Ministerio de Educación en España e, posteriormente, xefe do Departamento Internacional do CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial). Dende o ano 1989 uniuse á Comisión Europea como Xefe de división na Dirección Xeral da "Sociedade da Información e Medios" responsable da R+D Programa Delta (Desenvolvemento Europeo de Aprendizaxe a través do avance tecnolóxico). Despois de dirixir diversas unidades na Comisión, en novembro de 2009 foi nomeado Director i.a. de "Redes converxentes e Servizos".

fitce_luisrodriguez_xabieralcala.jpg

Roselló revelou nesta charla a súa visión sobre as directrices que marcarán Europa para o desenvolvemento da Sociedade da Información. O lanzamento pola Comisión Europea do novo programa de traballo de investigación, incluíndo unha iniciativa dun futuro Internet cunha colaboración pública-privada, que lanza unha nova perspectiva: o compromiso de impulsar a infraestrutura de Internet, servizos e aplicacións, os novos medios, servizos e industria de rede e dos intervintes na investigación, que terá unha oportunidade de ouro para desenvolver e probar os servizos innovadores en estreita colaboración cos sectores usuarios, para asumir o liderado no economía de Internet, permitindo infraestruturas máis intelixentes para a sociedade en xeral. Esta iniciativa é parte dos novos plans para a Investigación en TIC nas redes do futuro "redes amplas e fiables e infraestruturas de servizo", e complementa unha visión centrada no usuario "tradicional" como unha visión europea de I+D a longo prazo.

O segundo Keynote Lecture tivo lugar o venres e a persoa invitada foi Daniel Torres Mancera, Director do Observatorio das Telecomunicacións e da Sociedade da Información Red.es desde 2008. Daniel é enxeñeiro de telecomunicación e ejecutivo MBA polo Instituto de Empresa e ISEM (Universidade de Navarra ). De 2004 a 2008 foi asesor do Secretario de Estado das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, e membro do consello de administración da Inteco, SA (empresa pública de desenvolvemento da accesibilidade e tecnoloxías de e-confianza).

fitce_danieltorres.jpg

Daniel falou sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información, afirmando que as políticas da sociedade da información son unha parte fundamental das axendas públicas e privadas en todos os países desenvolvidos. Destacou o gran número de entidades internacionais traballan xuntas para establecer as próximas estratexias da Sociedade da Información, unha tarefa global que en España é un factor decisivo e tamén fixo referencia á Presidencia do Consello Europeo no primeiro semestre de 2010, a cal foi o marco perfecto para a presentación dunha serie de propostas de España nesta área. Estas propostas, foron o resultado dunha frutuosa colaboración con entidades como a OCDE, da UIT e a Comisión Europea. En España, o Plan Avanza, o plan nacional para o desenvolvemento da Sociedade da Información, ten acadado resultados notables nos seus primeiros cinco anos e creou o ritmo para a segunda fase, que comeza o próximo ano de 2011.

Programa social

Paralelo as sesións técnicas do xoves e do venres os acompañantes dos congresistas puideron disfrutar duns entretidos programas sociais que lles permitiron coñecer parte da beleza paisaxística, gastronómica e cultural da nosa Comunidade. Deste xeito puideron facer dende o Monte do Gozo a derradeira etapa do Camiño de Santiago, visitar a Catedral e pasear polas súas cubertas e tellados, admirar a beleza da ría de Arousa nun paseo en barco ou paladear o viño Albariño na bodega do Pazo de Fefiñáns.

fitce_ofrenda.JPG

O xoves, ao peche do programa técnico todos os asistentes ó FITCE pudieron asistir á misa do Peregrino coa tirada do botafumeiro e na que se fixo unha ofrenda ó Apóstolo. De seguido, puideron disfrutar dunha cea típica galega, estilo romería, no Pazo de Vista Alegre. E o venres asistiuse á XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Programa Social FITCE

FITCE 2010: Os nosos patrocinadores:

Xunta de Galicia Xacobeo 2010


Colexio Oficial Enxeñeiros de Telecomunicación Galicia Asociación de Enxeñerios de Telecomunicación Galicia Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación Xunta de Galicia Xacobeo 2010 Ericsson Gradiant IBM Itelsis R Televés Vodafone

Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información