6 febreiro 2024 | Encontro sobre a Enerxía | Galicia e Norte de Portugal

O Consello Galego de Enxeñerías -CGES- xunto coa Ordem dos Engenheiros da Região Norte organizamos o Encontro sobre a Enerxía que terá lugar o martes día 6 de febreiro de 2024 no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo.

Desde o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia como entidade coorganizadora, integrante do CGES, animamos ao colectivo a inscribirse no evento a través deste enlace que contén o programa e o formulario de alta, na modidade con desconto por ser colexiado/a do COETG.

Encontro sobre a Enerxía | Galicia e Norte de Portugal

As enxeñerías en xeral e os enxeñeiros e enxeñeiras de telecomunicación, estamos colaborando para cambiar Galicia e o Norte de Portugal, co obxectivo de que sexan zonas sostibles e capaces de cumprir os seus compromisos co cambio climático e o benestar do noso planeta que demanda a sociedade.

IMAGEN_JPG - copia.jpeg