A AETG convoca eleccións dos membros da Xunta Directiva da AETG para o vindeiro día 7 de xuño

A Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia acordou a CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS DOS MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA da AETG para o vindeiro día 7 de xuño de 2013, de conformidade co disposto nos vixentes Estatutos da AETG. No caso de estar interesados, @s asocia@s poderán presentar a súa candidatura á Xunta Electoral ata o día 18 de maio, no obstante, dado que este día coincide con sábado amplíase o prazo de recepción de candidaturas ata o día 20 de maio de 2013 ata ás 11.00 horas da mañán, a traveso da Secretaría da AETG, segundo o disposto nos Estatutos da AETG. É imprescindible que a efectos de necesidade dunha posible comunicación urxente por parte da Xunta Electoral coa candidatura presentada se especifique un número de teléfono de contacto e un correo electrónico. Toda a información relativa a este proceso electoral irase actualizando a traverso da web no banner que se habilitará a tal efecto. Calquera dúbida ou consulta que se queira realizar sobre este proceso electoral, pódese dirixir ao correo electrónico aetg@aetg.org. A convocatoria coa orde do día, hora e lugar de celebración da Xunta Xeral Extraordinaria para eleccións de membros da Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia a celebrar o día 7 de xuño de 2013, comunicarase a tódolos asociados coa antelación suficiente segundo Estatutos da AETG e trala reunión da Xunta Electoral. Estatutos da AETG
Inicie sesión para ler o contido completo