A AETG ofrece un servizo gratuíto de análise de vulnerabilidades para asociados

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia pon a disposición dos asociados a posibilidade de realizar un servizo gratuíto de análise de vulnerabilidades, que será executado pola empresa especializada dooingIT Ciberseguridad. A entidade realizará aos interesados unha análise de vulnerabilidades automática que consiste na revisión da situación de ciberseguridade da infraestrutura externa (IP ou dominio). Este servizo está dirixido a tódolos asociados que queiran coñecer a situación da IP ou dominio que empreguen no seu ámbito doméstico ou laboral, no libre exercicio da profesión, pequena empresa ou peme. O número de análises de vulnerabilidades é limitado, polo que as solicitudes atenderanse por rigoroso orde de chegada.
Os asociados interesados neste servizo deberán descargar, cubrir e enviar a Solicitude de Consultoría á empresa dooingIT a través do seguinte formulario.
Inicie sesión para ler o contido completo
cropped-2020_dooingIT_logo_flat-1-1.png