A Amtega mantén aberto ata o 24 de abril o prazo de preinscrición no programa formativo Aceleratic+ para a transformación dixital das pemes

O prazo de preinscrición do Programa AceleraTIC+ para formar a persoal directivo de empresas en aspectos clave da transformación dixital dos seus negocios permanecerá aberto ata o 24 de abril ás 18 horas. As persoas interesadas poderán preinscribirse no seu espazo privado na web do CDTIC ou no correo electrónico cdtic@xunta.gal. De entre as solicitudes recibidas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) seleccionará a 25 directivos para asistir ás sesións formativas, que recibirán, ao completar o programa, o título “II Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa”.

Fonte: amtega.xunta.gal

Ver nova