O Ministerio de Sanidade vén de asignar á Axencia de Avaliación de Tecnoloxías sanitarias de Galicia (avalia-t), coa fin de proceder á elaboración do Plan de Traballo 2015 da Rede de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde, a realización de 12 proxectos no ámbito da avaliación de tecnoloxías sanitarias co obxectivo de diminuír a variabilidade non xustificada da práctica clínica no Sistema Nacional de Saúde e asesorar sobre a incorporación de novas tecnoloxías.
Fonte: amtega.xunta.gal