A Intelixencia Artificial contribúe decisivamente nos avances do diagnóstico e tratamento de enfermidades

Humberto Bustince, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial analiza en profundidade os efectos do Big Data e a Intelixencia Artificial na Medicina, na primeira das xornadas celebrada onte na Cidade da Cultura de Galicia, en base ao convenio que asinamos coa Amtega para a promoción das Tecnoloxías da Información e a Comunicación durante o ano 2019.

Durante a súa intervención, o relator explicou como axuda a Intelixencia Artificial e a Ciencia dos Datos, na detección e diagnóstico de determinadas doenzas, como o cancro e expuxo varios casos de uso nos que se están aplicando estas tecnoloxías.

Bustince salientou tamén a importancia das implicacións éticas na implantación deste tipo de tecnoloxías na área da medicina personalizada destacando a relevancia do xuízo clínico, o cal non pode ser substituído por máquinas á hora de establecer un diagnóstico.

IMG_3065web_0.jpg

O ponente finalizou a súa exposición lembrando a mulleres tecnólogas como Ada Lovelace, Hedy Lamarr ou Margaret Hamilton, ás que quixo realizar unha homenaxe como precursoras da Intelixencia Artificial.

bustince conf2.JPG

bustince conf.jpeg