Aberto o prazo de presentación para os premios de "Conectividad en la Edificación 2019"

De interese para colexiados

Abriuse o prazo para a "Convocatoria de edificación de los premios de Conectividad en la Edificación 2019. Acercamiento Hacia El Edificio Inteligente" organizada polo COIT. Este premio ten como obxectivo recoñecer aqueles proxectos e iniciativas no campo do edificio que destacaron mediante o uso de tecnoloxías vinculadas á profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación e que, ao mesmo tempo, tiveron participación activa dos membros deste colectivo, nas fases de proxecto ou execución.

Os interesados poden participar e presentar as súas candidaturas ata o vindeiro 2 de setembro nas seguintes categorías de premios: Ao mellor proxecto para edificios de nova construcción ou ao mellor proxecto para edificios existentes.

Accede á información completa sobre o anuncio dos premios pinchando en bases de participación

As solicitudes presentaranse en forma de proposta concreta e deberá facerse a través do formulario dispoñible en Formulario de participación.

A entrega de premios terá lugar o 17 de outubro durante o 2º Congreso de Telecomunicaciones en Edificios inteligentes. Se estás interesado en asistir ao Congreso podes realizar a túa inscrición aquí.

Premios edificacion.png