Para os que non a puideron seguir en directo, xa está dispoñible a conferencia sobre computación cuántica impartida por Lois Orosa o pasado día 6 de outubro no GaiasTech. Este acto celebrouse enmarcado no plan de accións de formación, difusión e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación que a AETG está organizando xunto coa Amtega.
Accede ao vídeo:
"Computación cuántica na industria"
A xornada foi presentada polo Director da Amtega, Julián Cerviño e polo Presidente da AETG, Julio Sánchez.
Durante o relatorio Lois Orosa achegounos os principios da computación e as comunicacións cuánticas, o estado da arte e as súas aplicacións principalmente na industria e noutros sectores como o sanitario, o financeiro ou das TIC.