Acordo entre COETG/AETG e Castro Farmacias para proveer ao colectivo con material sanitario fronte á COVID-19

Grazas ao acordo alcanzado entre o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e Castro Farmacias, os colexiados e asociados poden realizar compras de subministro de material sanitario para facer fronte á COVID-19 a prezos moi vantaxosos. A gama de produtos inclúe tanto material hixienizante como limpiadores e xeradores de ozono, como material diverso para prevención e protección ante o virus: máscaras, mamparas, termómetros sen contacto, etc. O acordo inclúe tamén descontos en produtos exclusivos de parafarmacia.
Toda a información sobre o rexistro e catálogo de compra no documento explicativo:

Catálogo de produtos COVID-19

logo_4_1.png