Agardámosche na XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

O vindeiro día 26 de outubro terá lugar en A Toxa a celebración da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG). Nesta edición, a Noite centrarase nas Smart Cities, sendo o lema "Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns" un concepto de cidades comprometidas co entorno, onde as infraestruturas están dotadas de solucións tecnolóxicas avanzadas para facilitar a interacción das persoas cos elementos urbanos e no que están implicados diferentes sectores, como o enerxético ou o asistencial e mesmo outros, como o de turismo e ocio.

Para o noso colectivo trátase do evento máis significativo do ano, porque nos permite atoparnos cos nosos compañeiros, coñecer as estratexias públicas para o desenvolvemento do sector e entregarlles os premios anuais a profesionais e a empresas destacadas.

No marco da Noite, celebraremos o acto protocolario da concesión dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información:

- Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador, patrocinado pola Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación (INEO);

- Premio AMTEGA ao Mellor Proxecto TIC con beneficios sociais, impulsado pola AMTEGA, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia;

- Premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos, e

- Premio Gradiant á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC, patrocinado por GRADIANT, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.

O Colexio e a Asociación novamente fan un gran esforzo para que os colexiad@s/asociad@s podan acceder a este evento a uns prezos subvencionados, mantendo condicións de pasadas edicións.

Para asistir o colexiad@/asociad@ deberá cumprimentar o formulario. As inscricións adxudicaranse por rigoroso orde de chegada.

Boletín NGTSI 2012.

noite2012_0.png