Anunciada a licitación para a contratación da oficina para o desenvolvemento da TDT

A Secretaría Xeral de Medios, anuncia no Doga do 19 de xullo, a licitación para a contratación do Servizo da Oficina Técnica para o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre en Galicia.

O prazo límite para presentación das ofertas remata o venres 3 de agosto ás 14.00 horas.

A Oficina Técnica para o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre constitúese como unha iniciativa dinámica e flexible que exercerá de elemento tractor e coordinador das iniciativas impulsadas e lideradas pola Secretaría Xeral de Medios e polos distintos axentes implicados no proceso, necesarias para garantir o éxito do desenvolvemento e a innovación de novas tecnoloxías dentro da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, asegurando a máxima transparencia, a neutralidade e independencia dos intereses dos diferentes axentes.

O obxecto do presente concurso é a contratación do servizo da Oficina Técnica para o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, cos seguintes propósitos xerais:

2.1.- Idear novas iniciativas necesarias para vencer as barreiras que impidan un axeitado avance no desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre, no marco do proceso de cambio definido pola asignación de novos múltiples e a liberalización da subbanda de frecuencias de 790 a 862 MHz e a introdución da televisión de alta definición.

2.2.- Centralizar e canalizar toda a información no proceso, mantendo un fluxo fluído entre os distintos axentes (operadores, instaladores, concesionarios, concellos, usuarios, etc.), así como o asesoramento informando aos mesmos en todo aquilo que
estea relacionado coa Televisión Dixital Terrestre.

2.3.- Actuar como observatorio do estado da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, dispoñendo sempre dunha visión global e panorámica do proceso que permita una análise prospectiva.

Mais Información e bases da contratación