O 29 de xuño publicouse no Boletín Oficial do Estado a nova Lei 11/2022, de 28 de xuño Xeral de Telecomunicacións que entrou en vigor o 30 de xuño. Esta Lei é a norma de referencia e principal que regula de forma uniforme e omnicomprensiva o sector das redes e servizos de comunicacións electrónicas (quedan excluídos da súa regulación os servizos de comunicación audiovisual e os servizos da Sociedade da Información).
Con esta publicación finaliza un longo proceso de transposición do Código Europeo de Comunicacións Electrónicas (CECE) no que o Colexio participou xunto con outros axentes do sector baixo a coordinación da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
Accede ao texto completo do BOE 155 de 29 de xuño: Lei Xeral de Telecomunicacións
Na súa tramitación contouse cun amplo consenso político para a aprobación dunha norma que vai contribuír á creación de riqueza, emprego e vertebración territorial e social e na que a conectividade se configura como a peza crave do desenvolvemento da nosa sociedade dixital e o usuario, o beneficiario principal.
Máis información: aquí