Arranca a 4ª edición do Master de Negocio e Marketing Dixital de HUB con descontos para asociados

Estes días celébrase a presentación da 4ª edición do Máster en Negocio e Marketing Dixital da Escola de Negocios Dixitais HUB a través do OPEN DAY que terá lugar os días 8 e 10 de octubro na Coruña e Vigo respectivamente. Ademais de afondar no programa formativo, o CMO de HUB, Damián Vázquez ofrecerá a ponencia “Conectar la propuesta de valor con el buyer” con acceso libre ás persoas interesadas.

Grazas ao convenio de colaboración asinado pola AETG coa Escola de Negocios Dixitais HUB, os asociados poden acollerse a importantes descontos nos programas formativos, tales como:

  • Dúas Bolsas Talento co 50% de desconto para os programas MÁSTERS
  • Desconto do 15% sobre o prezo total de calquera dos programas formativos

Nestas xornadas exporase en profundidade o programa do #MasterDigitalBusiness, diseñado e impartido polos profesionais que lideran o sector dixital de Galicia.

Toda a información sobre a oferta formativa atópase neste Dossier ou contactando directamente coa Escola por mail ibocio@hubescuela.com ou no teléfono +34652656078.

hub4ªedicmaster.png