Artigo divulgativo do 2º dividendo dixital na Voz de Galicia do enxeñeiro de telecomunicación Javier Fernández Fraga

Onte día 1 de decembro publicamos no xornal La Voz de Galicia un novo artigo de divulgación no que o enxeñeiro de telecomunicación e vogal na Xunta de Goberno do COETG, Javier Fernández Fraga explica porqué para implantar a quinta xeración de telefonía e acceso a Internet móbil é imprescindible dispoñer de frecuencias libres no espectro radioeléctrico para que as utilicen as estacións móbiles, os terminais e dispositivos do novo sistema.

"5G: es hora de ordenar la estantería"

A activación do segundo dividendo dixital vai a reagrupar as frecuencias dispoñibles entre os servizos de TDT e o novo estándar de telecomunicacións móbiles, chamado a revolucionar o mundo que coñecemos con novos servizos en todo tipo de campos, desde a automoción á sanidade ou a industria. Todo este proceso obrigará a unha ampla variedade de axentes, desde as administracións ás operadoras ou os instaladores, a participar activamente, cada un cunha encomenda diferenciada.

javierfdezfraga.jpg