Asiste a GaliciaTIC

Os colexiados/asociados interesados están convidados a asistir a unha nova edición de GaliciaTIC que baixo o lema "Galicia en chave dixital" terá lugar durante o mércores 6 e xoves 7 de outubro en formato mixto: durante a mañá do día 6 en presencial e mixto; e a tarde do día 6 e o día 7, únicamente vía online.

GaliciaTIC comezou como un foro de referencia do sector tecnolóxico galego, pero actualmente consolidouse como un foro transversal, que aínda que a temática central pivota sobre a tecnoloxía, nel teñen cabida tanto as empresas e profesionais do sector TIC como aqueles profesionais dos demais sectores empresariais interesados en coñecer as solucións e ferramentas tecnolóxicas actuais, e en desenvolvemento, que poden axudar a mellorar as súas organizacións e facelas mais competitivas.

Os interesados deberán facer o seu rexistro a través do formulario de inscrición e introducir o código de invitación que se poden atopar no seguinte enlace: Convidación a GaliciaTIC

Inscríbete a GaliciaTIC

Máis información e programa de GaliciaTIC

Invitacion Galiciatic2021.jpg