Asociarse - Asociado de pleno dereito

Para formalizar a inscripción bastará con proceder a:

Cumprimentar o formulario de solicitude de alta do procedemento telemático de inscrición. Ao finalizar o proceso enviarémosche a ficha por correo electrónico xunto coa información sobre a documentación concreta que nos deberás achegar e que con caracter xeral consiste na seguinte:

- Fotocopia do DNI ou NIE.
- Fotografía de carné actualizada.
- Acreditación de que o interesado dispón do título universitario que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de Telecomunicación.
- Se non é colexiado ao COIT/COETG, xustificante de transferencia no caso de non usar a pasarela de pago segura da AEIT. Ingresar a cantidade correspondente aos gastos de xestión de alta máis a cota da primeira anualidade, desagregada proporcionalmente en función do mes de solicitude do alta. Ao cumprimentar o formulario de solicitude de alta calcularase de forma automática o importe correspondente para o seu abono por pasarela de pago ou outros medios de pago. Os asociados desempregados, xubilados ou que estean en situación de bolseiros terán 50% de desconto da cota, desconto que se calcula tamén de forma automática. Dita situación deberá acreditarse mediante presentación do xustificante, documento ou certificado que acredite dita situación.

Nota:

  • A acreditación de que o interesado forma parte do Colexio será comprobada directamente pola AEIT mediante unha consulta a esta organización.
  • No caso de pertencer ao Colexio, a acreditación do título universitario que habilite para o exercicio da profesión de Enxeñeiros de Telecomunicación pode ser facilitada a través do Colexio se así o solicita o interesado.

ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN

- Formulario de inscrición asinado.
- Fotografía.
- Copia DNI ou NIE.
- Acreditación do título.
- Xustificante de transferencia en caso de non pagar mediante pasarela segura.

Toda a documentación anterior pode presentarse de forma telemática ou en papel.

Presentación telemática (recomendada): Enviar escaneada a documentación ás direccións administracion@aetg.gal e altas@aeit.es
No caso de que desexes presentala en papel, debes enviala a:

ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA
EE de Telecomunicación
Lagoas Marcosende, s/n
36310 Vigo
Pontevedra

COTAS ANO 2019

Nas seguintes taboas recollese os importes totais que hai que ingresar en función do mes en que se solicite o alta na Asociación e as circunstancias personais de cada asociado (reducción do 50%).

a.- Se se atopan en situación de becados, desemprego, jubilación ou incapacidade permanente en grao absoluto ou gran invalidez:

Mes de solicitude de incorporación Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta)
Xaneiro 54,30 €
Febreiro 48,25 €
Marzo 42,20 €
Abril 36,15 €
Maio 30,10 €
Xuño 24,05 €
Xullo 54,30 €
Agosto 48,25 €
Septembro 42,20 €
Outubro 36,15 €
Novembro 30,10 €
Decembro 24,05 €

b.- Se non se atopan en situación de becados, desemprego, jubilación ou incapacidade permanente en grao absoluto ou gran invalidez:

Mes de solicitude de incorporación Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta)
Xaneiro 90,60 €
Febreiro 78,50 €
Marzo 66,40 €
Abril 54,30 €
Maio 42,20 €
Xuño 30,10 €
Xullo 90,60 €
Agosto 78,50 €
Septembro 66,40 €
Outubro 54,30 €
Novembro 42,20 €
Decembro 30,10 €




NOTA IMPORTANTE SOBRE O SEGURO DE VIDA
Cando reciba a confirmación de alta como Asociado mediante correo electrónico, poderá solicitar a súa alta no Seguro Colectivo de Vida que a Asociación facilita de forma gratuíta a todos os seus Asociados.

Para isto, terá que cumprimentar o  Boletín de Adhesión ao Seguro Colectivo de Vida e envialo á dirección abaixo indicada, preferiblemente mediante correo certificado:

Mutualidad de la Ingeniería
Dpto. Contratación
Calle Téllez, 24
28007 Madrid

Se xa solicitou este Seguro como Colexiado non é preciso que o solicite de novo, xa que corresponde unha única adhesión por persoa.

A alta neste Seguro de Vida realizarase a partires do trimestre natural posterior á data de aceptación como Colexiado e/ou Asociado. Este boletín tamén se pode utilizar para posteriores modificacións.

· VANTAXES DE ASOCIADO DE PLENO DEREITO