ESTUDIANTE ASOCIADO
Para formalizar a inscrición bastará con proceder a cumprimentar o formulario de solicitude de alta do procedemento telemático de inscrición. Ao finalizar o proceso enviarémosche a ficha por correo electrónico xunto coa información sobre a documentación concreta que nos deberás achegar e que con caracter xeral consiste na seguinte:
- Fotocopia do DNI ou NIE.
- Fotografía de carné actualizada.
- Xustificante de estar matriculado no “Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación".
ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN
- Formulario/s de inscrición asinados.
- Fotografía.
- Copia DNI ou NIE.
- Xustificante de estar matriculado.
Toda a documentación anterior pode presentarse de forma telemática ou en papel.
Presentación telemática (recomendada): Enviar escaneada a documentación ás direccións administracion@aetg.gal e altas@aeit.es
No caso de que desexes presentala en papel, debes enviala a:
ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN DE GALICIA
ETSE de Telecomunicación
Lagoas Marcosende, s/n
36310 Vigo (Pontevedra)