Aviso legal - Información xeral

1.Identificación do titular da web

En cumprimento do establecido no art. 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), infórmase que este Web site é titularidade da ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA (AETG), con domicilio social na EE de Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n 36310 de Vigo (Pontevedra), teléfono 986465234, enderezo electrónico administracion@aetg.gal e C.I.F. G36771392.

A páxina web da AETG ten como obxectivo facilitar aos seus asociados e á sociedade en xeral, información sobre as actividades realizadas pola asociación, así como proporcionar servizos asociativos, tratando de axilizar por este medio as xestións cos distintos departamentos que compoñen a AETG.

2.Condicións de utilización da páxina web

O acceso á páxina web implica a aceptación das condicións contidas no presente aviso, polo que no caso de non estar conforme con algunha das devanditas condicións, deberase cesar na utilización da presente páxina web.

2.1.Acceso á páxina web

Certas partes da páxina web atópanse restrinxidas para o seu uso exclusivo aos asociados mediante a utilización dun nome de usuario e contrasinal, que se lles asigna desde AETG no momento da súa alta na mesma. Aqueles usuarios da páxina web que non sexan asociados poden acceder ás seccións públicas da mesma, debendo absterse de intentar acceder ás seccións reservadas aos asociados.

Todo usuario ten a obriga de usar a web de forma dilixente e correcta. Neste senso, o usuario comprométese a non utilizala:

1. para a realización de actividades contrarias á Lei, á moralidade, ás boas costumbres aceptadas ou á orde pública establecida.

2. e con fins ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros.

A AETG declina calquera responsabilidade derivada do uso da Web site polo usuario con ditas finalidades prohibidas.

2.2.Funcionamento e Contido

A AETG resérvase o dereito de realizar en todo momento e sen necesidade de aviso previo aos usuarios da web, as actualizacións e modificacións que considere oportunas tanto na información contida como na estrutura da páxina, así como a facultade de cambiar as condicións de acceso ao portal.

Igualmente a AETG non se fai responsable dos posibles fallos de comunicación, non podendo garantir por iso o funcionamento continuo e a dispoñibilidade de acceso á páxina web. Nestes casos, a AETG realizará o máis axiña posible todas aquelas actuacións tendentes á subsanar os mencionados erros.

A AETG informa aos usuarios que co fin de poder visualizar certos contidos da páxina pode ser necesario dispoñer de software específico para visualización de certos documentos (por exemplo: documentos en pdf, documentos Word, documentos Excel e documentos Power Point). Existen programas gratuítos para tal fin.

3. Política de Privacidade e Protección de Datos

Nesta Sección exponse a Política de Privacidade que regula o uso do servizo do sitio web que a ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA (AETG) pon a disposición dos usuarios de Internet, sobre a información de carácter persoal que pode facilitar cando visite a nosa páxina web. A AETG atendendo ao principio de responsabilidad activa, ten o compromiso de velar pola privacidade dos datos persoais obtidos a traveso do portal corporativo, garantizando e protexendo os datos dos usuarios web da mesma forma que a información obtida por calquera outro medio.

A AETG na súa condición de responsable do tratamento, infórmalle que, aínda que por visitar a presente web non implica proporcionar ningún tipo de datos persoal, establécese a presente política de privacidade para que o usuario poida determinar libre e voluntariamente a posibilidade de proporcionalos, que terá que ser aceptada polo usuario sempre que acceda a algún formulario que lle solicite datos persoais.

A Política de Privacidade da AETG está presidida polo cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal:REGLAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 27 de abril de 2016 (en diante, RGPD), pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantías dos Dereitos Dixitais, e pola Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSO-CE).

Neste senso, infórmase que os datos persoais serán tratados de conformidade cos principios de transparencia, limitación da finalidade, minimización de datos, exactitud, integridade e confidencialidade, así como respetando o resto das obrigas e garantías establecidas no RGPD. Do mesmo xeito, tamén se tratará de forma confidencial calquera outro tipo de información á que poida ter acceso a AETG no desempeñó dos servizos prestados.

3.1. ¿Quén é o responsable do tratamento dos seus datos?

ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA (AETG)
Domicilio social: EE de Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n 36310 de Vigo (Pontevedra)
C.I.F: G36771392
Teléfono: 986465234
Enderezo electrónico: administracion@aetg.gal

Para obter información adicional, ou para calquera outra cuestión relativa á presente Política de Privacidade con relación ao tratamento dos seus datos, non dubide en poñerse en contacto coa Asociación a traveso da seguinte dirección de correo electrónico administracion@aetg.gal ou por correo postal na dirección da sede da Asociación.

3.2. ¿Con qué finalidade tratamos os seus datos?

A AETG infórmalle que os datos de carácter persoal proporcionaods mediante a cumprimentación dos formularios contidos no portal, das consultas remitidas por email referentes aos servizos ofrecidos e contacto, así como aqueles datos aos que a AETG acceda como consecuencia da súa navegación, son obxecto de actividades do tratamento da súa titularidade.

En cumprimento do principio de transparencia, a continuación, infórmase dos tratamentos de datos realizados pola AETG e afectaods pola presente política de privacidade, xunto a súa finalidade:

  • Tratamento de asociados: A finalidade do tratamento de datos é a xestión de asociados da AETG para o cumprimento das súas funcións estatutarias, incluída a promoción e a publicidade corporativa.
  • Tratamento de estudiantes asociados: A finalidade do tratamento de datos é a xestión da relación asociativa coa AETG para cumprimento das súas función estatutarias, incluída a promoción e publicidade corporativa
  • Tratamento de colaboradores e contactos: A finalidade do tratamento de datos é a xestión de colaboradores e contactos da AETG para contactar cos mesmos e poder realizar comunicacións de invitacións a eventos de interés profesional e envío de publicacións corporativas.
  • Tratamento de premios: A finalidade do tratamento de datos é a xestión administrativa de participantes que optan aos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

3.3. ¿Cal é a orixe dos seus datos?

Como regra xeral, os datos tratados na AETG foron facilitados polo propio interesado.No suposto de facilitar datos de terceiras persoas comprométese a informar previamente a estas persoas da intención de comunicar os seus datos á AETG e a obter en caso necesario o seu consentimento previo, expreso e por escrito para dito tratamento de datos e calesquera das finalidades para as que se fosen a tratar.

O usuario deberá encher os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo informado nese mesmo momento de aqueles datos de obrigado cumprimento e as súas consecuencias en caso de non facelo. Asimesmo, coa aceptación, recoñece que a información e os datos persoais recabados son exactos e veraces.

3.4. ¿Cal é a base legal do tratamento dos seus datos?

Para o colectivo e estudiantes asociados, a base legal do tratamento dos seus datos ampárase na relación asociativa/pre-asociativa suscrita e no interés lexítimo da AETG.

Para os datos de contactos a base legal ampárase no interés mostrado ou consentimento ao contactar coa AETG.

A base legal para remitir comunicacións promocionais de servizos e actividades asociativas dirixida aos asociados e estudantes asociados ampárase no interes lexítimo da AETG.

O interés lexítimo constitúe unha base leximitadora do tratamento, sempre que dito interés en tratar os datos para a finalidade indicada atópese dentro das súas expectativas razoables baseadas na relación que mantén coa AETG.

Por tanto, debe ser consciente que as comunicacións promocionais de servizos e actividades asociativas dirixida aos asociados e estudantes asociados ampáranse no interés lexítimo da organización. Non obstante, pode opoñerse en calquera momento a recibir este tipo de información, remitindo un correo electrónico a administracion@aetg.gal sen que esta oposición condicione, en forma algunha, a súa relación asociativa coa AETG.

Ademais, a AETG establece mecanismos mediante os cales pode desactivar de xeito sencillo e gratuíto os servizos de comunicacións electrónicas, seguindo as instruccións que se indican nos correos electrónicos.

3.5. ¿Qué datos seus podemos tratar?

Os tipos de datos persoais que utilizamos nestes tratamentos son os proporcionados polo interesado nos diferentes formularios web e correos electrónicos remitidos, ademais dos xerados posteriormente durante a súa relación coa AETG.

Neste senso, é necesario diferenciar os tipos de colectivos tratados:

Para os asociados, os datos recabados no proceso telemático de asociación son os seguintes:

  • Datos informativos e de contacto para envío de notificacións
  • Datos relativos a súa titulación
    • Datos referentes a súa situación que lle permiten unha redución na súa cota asociativa
    • Datos profesionais
    • Datos bancarios

    Para os estudantes asociados os datos recabados no formulario de inscrición como estudiante asociado son os seguintes:

    • Datos identificativos e de contacto
    • Datos académicos

    Para contactos e colaboradores recabamos datos identificativos, de contacto, e no seu caso, datos de detalle de emprego.

    1. Uso e Tratamento de datos de carácter persoal

    En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 26 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante LOPD), a AETG infórmalle que os datos de carácter persoal proporcionados mediante a cumplimentación dos correspondentes formularios de rexistro electrónico contidos no portal, das consultas referentes aos servizos ofrecidos, así como aqueles datos aos que a AETG acceda como consecuencia da súa navegación, serán incorporados nos arquivos automatizados da entidade, podendo exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos nos termos e condicións previstos máis abaixo, no apartado 3º.

    En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, (en diante LSSICE) a AETG non enviará por correo electrónico comunicacións publicitarias que non sexan autorizadas polos usuarios. A AETG identificará mediante a palabra “publicidade” aqueles correos ou Newsletters que conteñan comunicacións comerciais ou promocións, exclusivamente.

    Por outra banda, mediante o rexistro dos datos, o usuario outorga o seu consentimento ao tratamento dos mesmos coas finalidades sinaladas.

    Naqueles casos onde sexa necesario cumprimentar un formulario e picar no botón de enviar, a súa realización implicará necesariamente que foi informado (en virtude do artigo 5 LOPD) e, no seu caso, outorgou o correspondente consentimento (a tenor do artigo 6 LOPD) ao contido da cláusula anexada ao formulario e á presente política de privacidade.

    O usuario deberá encher os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo informado nese mesmo momento daqueles datos de obrigada cumplimentación (*) e as súas consecuencias en caso de non facelo. Así mesmo, coa aceptación, recoñece que a información e os datos persoais recabados son exactos e veraces.

    Rogamos comunique de forma inmediata á AETG calquera modificación dos seus datos de carácter persoal, a fin de que a información contida nos arquivos da Asociación, estea en todo momento actualizada e non conteña erros ou desactualizacións. Neste senso, habilitouse exclusivamente para os asociados un servizo de actualización de datos na propia páxina.

    Aos asociados dados de alta asígnaselles, automaticamente, un nome de usuario e contrasinal de usuario para que accedan ao área privada do web.

    2. Medidas de Seguridade

    A AETG infórmalle que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso, de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos Arquivos Automatizados que conteñan Datos de Carácter Persoal (RMS).

    Así, a AETG estableceu medidas adicionais en orde a reforzar a confidencialidade e integridade da información na organización, como o establecemento de limitacións ao uso do correo electrónico á hora de enviar datos ou documentos de carácter confidencial. No entanto, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

    A AETG continuamente mantén a supervisión, control e avaliación dos procesos para asegurar o respecto á privacidade dos datos.

    3. Exercicio de dereitos: Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición.

    Aquelas persoas físicas que faciliten os seus datos á AETG poderán dirixirse á Corporación/Asociación, na súa calidade de Responsable do arquivo, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nos seus arquivos.

    Dado o carácter confidencial da información, vostede non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, debido a que este medio non permite acreditar a identidade como titular dos datos rexistrados.

    O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida ao Responsable do ficheiro da AETG, con domicilio social EE de Telecomunicación, Lagoas Marcosende, s/n 36310 Vigo (Pontevedra), coa seguinte referencia na súa carta: “Exercicio de dereitos” (xunto á súa solicitude escrita e asinada, deberá acreditar a súa personalidade aportando fotocopia do D.N.I, salvo que se trate dun asociado).

    3. Propiedade Intelectual

    Todo o contido da presente páxina, incluíndo as súas imaxes, gráficos, texto, e todo tipo de datos, son propiedade da AETG, así como o código fonte, o deseño e a estrutura da páxina. A AETG ten en exclusiva o exercicio dos dereitos de reprodución, distribución, modificación e comunicación dos mesmos, así como todos os dereitos de explotación en calquera das súas formas.

    Todo o contido da páxina atópase protexido pola normativa en materia de propiedade intelectual e industrial, e a posible consulta ou descarga de material da páxina non conleva en ningún caso a cesión de ningún tipo de dereito sobre a propiedade intelectual ou industrial do citado material ou contido.

    Non se permitirá a visualización, descarga e impresión dos contidos da páxina web se se realiza con fins publicitarios ou comerciais, ou para a súa distribución, comunicación pública ou modificación e, en xeral, nos casos nos que devanditos actos sexan incompatibles cos fins desta páxina. No resto dos casos, debe procederse a citar a fonte.

    En todo caso, os logos, gráficos, imaxes, iconas, etc. que formen parte da páxina web, non se poderán utilizar por separado do texto ao que acompañen ou do resto de imaxes ou gráficos do que formen parte.

    Toda información que os usuarios da páxina web poidan facilitar como suxestións, propostas, etc., considéranse recibidas e cedidas a título gratuíto, polo que se prega que se absteñan de enviar toda aquela información que non teña o citado carácter.

    5. Enlaces

    A páxina corporativa ofrece enlaces a outros Web sites que poden resultar do seu interese. Aínda que a AETG trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente en protección de datos nos mesmos.

    A AETG non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e perxuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes ou ofrecidos nos sitios Web non xestionados pola Corporación/Asociación e que resulten accesibles a través do Portal da AETG. No entanto, a Corporación/Asociación encádranse dentro do apartado a) do artigo 17 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), xa que a Asociación respecto de enlaces facilitados no Web, non teñen coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remite ou recomenda é ilícita ou lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización.

    6. Modificación da política de privacidade.

    A AETG resérvase o dereito a modificar a súa Política de Privacidade, de acordo ao seu propio criterio, ou motivado por un cambio doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos, lexislativo ou xurisprudencial. Calquera modificación da Política de Privacidade será publicada polo menos dez días antes da súa efectiva aplicación. O uso do Web logo de devanditos cambios, implicará a aceptación destes.

    4. Foro

    Para calquera tipo de controversia existente polo acceso ou utilización do portal, os usuarios da páxina web e a AETG, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense ao foro dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.