Buscamos Pioneira IT

O Colegio Oficial de Ingeneiros de Telecomunicación vén de poñer en marcha a iniciativa "Premio Pioneras". Con esta iniciativa, que terá carácter anual, buscamos á nosa Pioneira do ano entre esas mulleres, Enxeñeiras de Telecomunicación, que tiveron a coraxe de escoller esta vocación cando ningunha o facía, que foron perseverantes e tenaces, que demostraron cos seus logros a súa valía profesional, que romperon barreiras no sector público ou na empresa, que marcaron o camiño para as que viñeron despois e, en definitiva, non só impulsaron o desenvolvemento tecnolóxico senón tamén o desenvolvemento da nosa sociedade.

O prazo para presentar candidaturas está aberto ata o próximo 20 de Xaneiro. Toda a información pódela consultar en Premio Pioneras IT.

Anímate a participar e a contribuir na identificación do talento e a premiar a aquelas compañeiras que hai anos abriron camiño e sentaron precedente para as xeracións futuras!!!

logo_premio_pionera_0.png