Celebración do Concerto das Telecomunicacións 2012 do COETG

O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia celebrarán o seu tradicional Concerto das Telecomunicacións o vindeiro día 1 de xuño en A Coruña. Con este evento pechan a axenda de actos cos que conmemoraron este ano o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012.

Neste ano, o Concerto das Telecomunicacións chega á súa quinta edición cun destacado repertorio formado por pezas clásicas de G.Ph. Telemann, R. Glier e F. Mendelssohn interpretadas polo grupo "Trío Klásiko".

Para asistir a este acto é imprescindible recoller a entrada previamente. A reserva deberá realizarse polo colexiad@ antes do mércores 30 de maio, no teléfono 981.596.612.
O aforo é limitado polo que se cubrirán as prazas por rigorosa orde de reserva.

Programa do Concerto

imagen_concerto.jpg