Celebración do Congreso Internacional de Enxeñeiros de Telecomunicación FITCE 2012 en Poznan - Polonia

A Federación de Enxeñeiros de Telecomunicación Europeos (FITCE) organiza este ano o seu 51º Congreso Internacional. Nesta nova edición, que se celebra os días 6 e 7 de setembro baixo o slogan Everything in the Net - IPv6 and Internet of the Future Prospects, abordaranse temáticas relacionadas coa tecnoloxía IPv6, os novos requisitos de calidade de servizo, o transporte de grandes volumes de datos, a conectividade dos novos dispositivos, ...

Os profesionais das telecomunicacións, enxeñeiros, investigadores e membros de FITCE daranse cita un ano máis neste foro, que terá lugar na cidade polaca de Poznan.

Máis Información

fitce.jpg