Celebrado o III Encontro de Asociados da AETG

Este venres tivo lugar en Pontevedra o terceiro encontro de asociados da AETG, unha xuntanza que ano tras ano vaise consolidando e na que os asistentes tiveron a oportunidade de reencontrarse cos compañeiros, pero tamén coñecer outros enxeñeiros de telecomunicación de diferentes xeracións e idades, que traballan en disciplinas moi dispares. Entre os asistentes atopábanse, entre outros, profesionais responsables en centros tecnolóxicos da administración pública, directivos de operadoras de telefonía móbil, de empresas de fabricación de equipos e compañías de servizos en áreas máis innovadoras como a ciberseguridade. Tamén asistiron profesores de ensino medio e superior e enxeñeiros de telecomunicación que se dedican ao exercicio libre da profesión.

A xornada transcurriu nun ambiente distendido no que se compartiron experiencias profesionais e persoais co compromiso de dar continuidade a esta iniciativa por parte de todos os asistentes.

IMG_3413rec.jpg

IMG_3413web.JPG