Celebrado o IV Encontro de Confraternización de asociados da AETG

O venres día 27 de maio celebramos o xa tradicional Encontro de Confraternización anual de asociados. Nesta ocasión, o lugar elixido foi o MEGA, o Museo de Estrella Galicia de A Coruña, no que puidemos coñecer tanto o propio museo como a fábrica de cervexa da marca galega, previamente ao xantar de confraternización, no que compartimos experiencias e proxectos tanto persoais como profesionais. As fantásticas e divertidas experiencias vividas deixaron aos asistentes co desexo de repetir a experiencia para o ano que ven.

Ano tras ano, este evento vaise convertendo no encontro anual dos enxeñeiros e enxeñeiras de telecomunicación asociados de Galicia, coa intención de poñer en valor a importancia de pertencer a un colectivo coma o noso e de compartir vivencias e proxectos propios cos compañeiros.

Imagen 14 web.jpg