Celebramos as xornadas virtuais "El poder transformador del 5G" co COIT e Telefónica do 15 ao 17 de xuño

O COETG, o COIT e Telefónica convocan as xornadas "El poder transformador del 5G" para divulgar casos reais e amosar as súas posibilidades na dixitalización.

O Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación (COIT), o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación en Galicia (COETG) e Telefónica organizamos conxuntamente as xornadas “El poder transformador del 5G” que se celebrarán do 15 ao 17 de xuño en formato virtual. Nelas abordaranse aspectos relacionados co impacto do 5G en todos os niveis, tanto industriais como económicos e sociais, ademais de presentarse casos de uso xa implantados con clientes reais en diversos ámbitos de actividade como Industria 4.0, educación, coche conectado ou ehealth.

O evento conta con seis mesas (cinco abertas e unha por invitación) cun plantel de expertos procedentes de distintas administracións públicas, empresas, entidades privadas, universidades e centros de investigación.O ciclo de conferencias e debates poderase seguir en aberto e de forma gratuíta, previa inscrición, e co cancelo #Pilotos5G.


Acceso ao programa completo e inscrición

Galicia foi o escenario elixido por Telefónica xunto co seus socios Ericsson, Nokia, Cinfo, Idronia, Telnet e CIOA para despregar os seus primeiros proxectos 5G en España no marco do Plan Nacional de Pilotos 5G. Desenvolvéronse un total de dez casos de éxito nos que ademais de despregar infraestrutura 5G ad-hoc permitiuse ás empresas probar servizos pioneiros e aos cidadáns desfrutar de novas capacidades e experiencias.

Tras estas experiencias a modo de proxectos piloto, no evento “El poder transformador del 5G” analizarase como o 5G está impactando e transformando a sociedade desde moitas perspectivas englobadas en seis xornadas, cinco delas en aberto e de libre inscrición: Casos de éxito en industria e cidadanía; Visión tecnolóxica e de negocio; o 5G en industria, mobilidade e drons; Os sectores económicos de Galicia á vangarda do 5G, e o 5G e o impacto da tecnoloxía nas empresas. A sexta sesión está enfocada ás Comisiones de traballo do Congreso e o Senado, e a asistencia é por invitación.

Queremos salientar especialmente a xornada "Os sectores económicos de Galicia á vangarda do 5G" do día 17 ás 10h. guiada polo decano/presidente do COETG/AETG, Julio Sánchez Agrelo, na que contaremos coa participación de entidades e empresas dos sectores estratéxicos de Galicia, que nos darán a súa visión acerca do impacto transformador do 5G nas súas respectivas áreas e contarán os casos de éxito do 5G.

programa dia17.png

Ao longo de todo o ciclo, personalidades procedentes de todos os sectores económicos implicados estarán presentes nas mesas de debate, ao igual que figuras do mundo da investigación e a docencia. Desta forma, algúns destes poñentes representarán a entidades e organismos de marcado renome, como a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP); Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales; Red.es, Universidade de Vigo; Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, y el Instituto Tecnológico Hotelero, entre outras moitas.
Tamén participarán como poñentes, entre outros, a Organización Médica Colegial – Consejo General de Colegios Oficiales de Médicos; Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia; Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Madrid; Sección Española de ISA (The International Society of Automation), e Instituto Tecnológico Hotelero, ademais dos clústeres ANFACO-CECOPESCA, Clúster Mar-Alimentario de Galicia e COINTEGA - Clúster Galego Textil Moda.

Este proxecto está impulsado por Red.es, organismo do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital e cofinanciado pola Unión Europea. Pola súa banda, Ericsson, Nokia, Telefónica, Cinfo, Idronia, Telnet Redes Intelixentes e o Centro Internacional de Oftalmología Avanzada son socios do proxecto. Como axentes colaboradores participan Huawei, Ineco, Stellantis e CTAG. Os clientes dos casos de uso desenvolvidos foron o Real Club Deportivo (A Coruña), Navantia, Adif e o Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA).

poder_transformador_0 web.jpg