Celebramos un Workshop sobre o perfil profesional do Enxeñeiro de Telecomunicación na XXI edición do Foro Tecnolóxico de Emprego

O xoves día 4 de marzo ás 18h. participamos no Foro a través dun workshop titulado "Perfil profesional do Enxeñeiro de Telecomunicación" no que ofreceremos aos participantes algunhas das diferentes áreas nas que desenvolven o seu traballo os enxeñeiros de telecomunicación. Realizarse unha breve presentación por parte do decano/presidente COETG/AETG, Julio Sánchez Agrelo, tralo que se celebrará un debate cos enxeñeiros de telecomunicación Javier Fernández Fraga e José Miguel Gómez Apesteguía, ademais do propio decano/presidente, os cales aportarán a súa experiencia profesional desde diferentes vertentes como o exercicio libre e postos de dirección na empresa privada e na administración pública. Durante o taller, os asistentes poderán participar formulando preguntas ou realizando achegas.

Acceso ao workshop (opción: Acceso estudantado)

Este evento enmárcase na 21ª edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que arranca mañá día 3 de marzo e que anualmente organiza o estudantado das escolas de enxeñería da Universidade de Vigo. Serán 3 días de actividades que incluirán conferencias, stands e workshops, sobre temáticas diferentes en horarios de mañá e tarde e que, como novidade este ano serán de carácter totalmente virtual. Tamén poderán participar os titulados que estean interesados en achegarse ao mundo laboral a través de empresas e entidades que se ofrecen coma unha ponte entre a etapa formativa e profesional.

forotecnoloxico.png