Celébrase a primeira edición do CyberSec@Gal coa colaboración do COETG

A próxima semana terá lugar o CyberSec@Gal 2019, evento organizado pola empresa R no que o COETG participa como entidade colaboradora. O encontro abarca unha serie de charlas, talleres e retos que se celebrarán en diferentes xornadas entre o 14 e o 17 de outubro en Vigo, Santiago e A Coruña, finalizando coa entrega de varios premios en diferentes categorías.

O obxectivo deste encontro, liderado polas principais entidades galegas, é formar e informar sobre a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade no universo dixital. Outro dos obxectivos desta primeira edición do evento, celébrase coa meta de converterse nun acto de referencia en seguridade para a empresa dixital.

O CyberSec@Gal está enmarcado no programa da Cátedra R en Ciberseguridade. Froito da colaboración tripartita de R e as Universidades de Vigo e A Coruña, é a primeira cátedra interuniversitaria galega e persegue promover o desenvolvemento de competencias profesionais do alumnado universitario e mellorar a capatización dos membros da comunidade universitaria. O obxectivo é adaptar todo ese potencial de coñecemento e preparación ás necesidades da empresa fomentando en paralelo a formación continua, a innovación e a investigación na área da Ciberseguridade.

Máis información e programa do evento

CyberSec@GAL_logo.png