Cese das emisións de TDT en definición estándar SD

Con motivo da aprobación do Real Decreto 16/2023 por parte do Goberno, o próximo 14 de febreiro de 2024 cesarán as emisións de Televisión Dixital Terrestre (TDT) en definición estándar (SD), pasando a emitir unicamente en alta definición (HD) a partir desa data.

Este cambio non afecta a usuarios que reciben a TDT con antena normal e que dispoñen dun televisor co decodificador compatible integrado, ou externo no caso dos televisores máis antigos, cambiándose neste último caso por un decodificador compatible con HD cun prezo que rolda os 30 €. Pola contra, as persoas usuarias que non posúen cobertura TDT e reciben o sinal de televisión por satélite coa antena parabólica, perderán o sinal cos receptores actuais, se foron instalados con anterioridade a 2017, xa que non son compatibles co sinal HD e non teñen a posibilidade de seren actualizados. A solución pasaría por substituír estes equipos por outros compatibles, que só se poden adquirir a través de instaladores autorizados, cun custo aproximado de 500 €.

No seguinte enlace pódese consultar a listaxe de instaladores autorizados: http://www.sattdt.es/ConsultaInstaladores.aspx

No caso de non realizar as actualizacións mencionadas, as persoas usuarias da televisión por satélite con receptores desactualizados, deixarán de recibir o sinal de televisión o vindeiro 14 de febreiro.

logo sat tdt.png