Colaboración do COETG no proxecto "Escoita"

O sábado día 3 de agosto publicouse no xornal La Opinión o artigo "Escuchar para vivir toda la emoción" no que se dá a coñecer o proxecto Escoita, un sistema que posibilita ás persoas con discapacidade visual escoitar as narracións deportivas dos partidos do Deportivo da Coruña en tempo real, sen retardo nin publicidade. Esta realidade é posible grazas ao seu ideólogo, Jesús Suárez e varias entidades colaboradoras entre as que se atopa o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a través do enxeñeiro de telecomunicación Javier Fernández Fraga, o cal realizou unha importante achega de asesoramento técnico do proxecto.

Accede á publicación de La Opinión

3depor[1].jpg