Colexiad@s e asociad@s do COETG/AETG visitarán o Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan unha visita ao CPDi (Centro de Proceso de Datos Integral) da Xunta de Galicia e ao Museo da Cidade da Cultura.

Este acto, que terá lugar o xoves día 5 de xullo, comezará ás 17h coa visita ao CPDi, guiada polo responsable da Área TIC da Cidade da Cultura cunha duración aproximada de 45 minutos e posteriormente realizarase unha visita guiada á exposición temporal Gallaecia Petrea do Museo da Cidade da Cultura.

images.jpg