Colexiarse

COLEXIADO DE PLENO DEREITO

Para pertencer ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación como colexiado de pleno dereito é requisito imprescindible estar en posesión do Mestrado de Enxeñaría de Telecomunicación ou título oficial de Enxeñeiro de Telecomunicación que habilita para o exercicio da profesión, expedido por calquera das Universidades españolas co recoñecemento do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Tamén poderán pertencer aquelas persoas que obtiveran o título fora do territorio español, sempre que este teña a debida homologación oficial ou ben o recoñecemento do título a efectos profesionais polo Ministerio de Industria, Comerci y Turismo. Títulos válidos para a Colexiación.

· INFORMACIÓN PARA DARSE DE ALTA
· VANTAXES DE COLEXIADO:
vantaxesdecolexiarse_0.jpg

PRECOLEXIADO - É GRATUÍTO

A Xunta de Goberno do Colexio aprobou a posibilidade de adhesión como pre-colexiados, aos estudantes do último curso dos estudos que habilitan para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación. En todo caso, poderán inscribirse como precolexiados os alumnos que se atopen matriculados no Mestrado de Enxeñaría de Telecomunicación.

A situación de Precolexiado esgótase ben á finalización dos estudos que habilitan para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación, debendo pasar á situación de Colexiado de Pleno Dereito se se desexa continuar recibindo os servizos do Colexio, ou ben ao cabo dun ano da concesión da mesma. Este prazo poderá ser prorrogado, a petición do precolexiado, como máximo durante un ano máis. Esta modalidade de adhesión é gratuíta.

· INFORMACIÓN PARA DARSE DE ALTA
· VANTAXES DE PRECOLEXIADO:
vantaxesdecolexiarse_0.jpg