Colexiarse - Colexiado

COLEXIADO

Para formalizar a inscrición bastará con proceder a:

Cumprimentar o formulario de solicitude de alta do procedemento telemático de inscrición. Ao finalizar o proceso enviarémosche a ficha por correo electrónico xunto coa información sobre a documentación concreta que nos deberás achegar e que con caracter xeral consiste na seguinte:

- Fotocopia do DNI ou NIE.
- Fotografía de carné actualizada.
- Ingresar a cantidade correspondente aos gastos de xestión de alta máis a cota da primeira anualidade, desagregada proporcionalmente en función do mes de solicitude do alta. Ao cumprimentar o formulario de solicitude de alta calcularase de forma automática o importe correspondente para o seu abono por pasarela de pago ou outros medios de pago.

Nota: A acreditación de que o interesado dispón do título universitario que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de Telecomunicación será comprobada directamente polo COIT mediante acceso ao Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

No entanto, en determinados casos, será necesario que achegues xustificante orixinal do título ou fotocopia compulsada. Se fose preciso, contactaríamos contigo.

ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN

- Formulario de inscrición asinado.
- Fotografía.
- Copia DNI ou NIE.
- Xustificante de transferencia en caso de non pagar mediante pasarela segura.

Toda a documentación anterior pode presentarse de forma telemática ou en papel.

Presentación telemática (recomendada): Enviar escaneada a documentación ás direccións administracion@coetg.gal e altas@coit.es
No caso de que desexes presentala en papel, debes enviala a:

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA
Juana de Vega, 4 - 1º I
15003 A Coruña

COTAS

Para pertencer ao Colexio é preciso abonar unha cota única de inscrición de 18 €, e ademais as cotas periódicas anuais na contía aprobada pola Asemblea Xeral. A cota anual é de 145,20 €, que se abona en dous recibos semestrais de 72,60 € nos meses de xaneiro e xullo.

Os colexiados desempregados, xubilados ou que estean en situación de bolseiros terán 50% de desconto da cota, desconto que se calcula tamén de forma automática. Dita situación deberá acreditarse mediante presentación do xustificante, documento ou certificado que acredite dita situación.

Nas seguintes táboas atópanse calculadas as cantidades totais a ingresar en función do momento da solicitude de alta e das circunstancias persoais de cada colexiado:

a.- Colexiados que soliciten a súa alta no Colexio e atópense en situación de bolseiros, desemprego, xubilación ou incapacidade permanente en grao absoluto:

Mes de solicitude de incorporación Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta)
Xaneiro 54,30 €
Febreiro 48,25 €
Marzo 42,20 €
Abril 36,15 €
Maio 30,10 €
Xuño 24,05 €
Xullo 54,30 €
Agosto 48,25 €
Septembro 42,20 €
Outubro 36,15 €
Novembro 30,10 €
Decembro 24,05 €

b.- Colexiados que soliciten a súa alta no Colexio e non se atópen en situación de bolseiros, desemprego, xubilación ou incapacidade permanente en grao absoluto:

Mes de solicitude de incorporación Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta)
Xaneiro 90,60 €
Febreiro 78,50 €
Marzo 66,40 €
Abril 54,30 €
Maio 42,20 €
Xuño 30,10 €
Xullo 90,60 €
Agosto 78,50 €
Septembro 66,40 €
Outubro 54,30 €
Novembro 42,20 €
Decembro 30,10 €




Queremos informarche tamén de que no ámbito da nosa profesión, contamos coa ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN DE GALICIA (AETG).

Ambas organizacións manteñen un estreito grao de colaboración e manteñen un importante número de socios en común. Ao incorporarche ao COETG co abono da cota colexial, se ademais desexas ser membro da AETG, esta organización exímeche do pago da cota de inscrición e das cotas anuais.

Se desexas solicitar o alta na AETG deberás marcar a casilla de "pertenza a outras asociacións" durante o proceso de alta telemática.

A este único fin, a documentación facilitada no trámite de colexiación serve tamén ao interesado, se así o desexa, para asociarse á AETG sen necesidade de achegar documentación adicional, salvo o correspondente documento asinado de ficha de inscrición que se xenerará automáticamente.

NOTA IMPORTANTE SOBRE O SEGURO DE VIDA
Cando reciba a confirmación de alta como Colexiado mediante correo electrónico, poderá solicitar a súa alta no Seguro Colectivo de Vida que o Colexio facilita de forma gratuíta a todos os seus Colexiados.

Para isto, terá que cumprimentar o  Boletín de Adhesión ao Seguro Colectivo de Vida e envialo a AMIC á dirección abaixo indicada, preferiblemente mediante correo certificado:

AMIC Mutualidad
Dpto. Contratación
Príncipe de Vergara, 11
28001 Madrid

· VANTAXES DE COLEXIADO