Comunicado sobre a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Desde o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia queremos informar que este ano o noso evento máis sobranceiro, a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, non se puido celebrar como é evidente, debido á situación excepcional que estamos a vivir derivada da pandemia provocada pola COVID-19 e seguindo as recomendacións das autoridades competentes de limitar o contacto social.

Así, tendo en conta que a próxima edición da Noite terá un carácter significativo por tratarse do 25 aniversario do evento, cremos que a ocasión merece unha celebración moi especial e poremos todo o noso empeño porque así sexa, contando por suposto coa participación de todo o colectivo de enxeñeiros de telecomunicación e entidades colaboradoras.

Seguimos traballando para unha futura edición da Noite e unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

noite.jpg

noite.jpg