Comunicado sobre Coronavirus COVID-19

Ante a situación excepcional existente nestes momentos, debido á aplicación das medidas extraordinarias previstas no Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo (BOE 14/03/2020) e na Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (DOG 15/03/2020) para evitar o contaxio do coronavirus COVID-19, o COETG e a AETG decidiron adoptar un plan de continxencia e de continuidade da actividade compatible coa protección dos/as colexiados/as e asociados/as, e traballadores que inclúe entre outras medidas as seguintes:

  • Peche temporal das sedes do COETG e da AETG.
  • Promoción do teletraballo e fomento dos medios telemáticos con reforzo dos servizos de atención online.
  • Cancelación temporal de actos con asistencia presencial.

Desde o COETG e a AETG ofrecemos como vías alternativas de atención á presencial, a telefónica chamando aos teléfonos 981919300 e 986465234 ou a través das contas de correo electrónico administracion@coetg.gal e administracion@aetg.gal , traballando para o mantemento dos servizos esenciais do COETG e da AETG e para que a atención aos colexiados e asociados continúe co menor grao de incidencia posible. Estas medidas irán axustándose á evolución das decisións que se vaian adoptando por parte das autoridades sanitarias.