Conferencia "A contribución da 5G á sostibilidade"

NOVA DATA: 15 DE OUTUBRO ÁS 9.30h. SÓ POR STREAMING

O vindeiro 15 de outubro de 2021 ás 9.30h, terá lugar a conferencia "A contribución da 5G á sostibilidade" que desde a AETG organizamos xunto coa Amtega, enmarcada no plan de accións de divulgación e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Será impartida polo experto en 5G, Óscar García Cantón, que centrará a súa exposición nas funcionalidades da tecnoloxía 5G sostibles para a contorna natural, os beneficios medioambientais a través da aplicación da 5G en diferentes sectores económicos e a explicación dalgúns casos de uso.

O acto poderá seguirse por streaming:

Formulario de inscrición

A iniciativa forma parte do plan de accións de difusión de 2021, en virtude do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información.

Máis información e programa no seguinte enlace

5g.jpg