Conferencia "A contribución da 5G á sostibilidade" no GaiásTech

IMPORTANTE: O ACTO SUSPÉNDESE POR LOITO OFICIAL. INFORMARASE DA NOVA DATA DE CELEBRACIÓN

O vindeiro 7 de outubro de 2021 ás 11.30h no GaiásTech en Santiago de Compostela, terá lugar a conferencia "A contribución da 5G á sostibilidade" que desde a AETG organizamos xunto coa Amtega, enmarcada no plan de accións de divulgación e promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Será impartida polo experto en 5G, Óscar García Cantón, que centrará a súa exposición nas funcionalidades da tecnoloxía 5G sostibles para a contorna natural, os beneficios medioambientais a través da aplicación da 5G en diferentes sectores económicos e a explicación dalgúns casos de uso.

O acto é de carácter presencial coa posibilidade de seguilo vía streaming. As confirmacións de inscrición presencial realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo.

Formulario de inscrición

A iniciativa forma parte do plan de accións de difusión de 2021, en virtude do convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información.

Máis información e programa no seguinte enlace

5g.jpg