Conferencia "A Revolución da Intelixencia Artificial na Medicina Actual"

En virtude do convenio subscrito coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no que se recollen actividades de formación, divulgación e asesoramento á sociedade en xeral, desde a AETG organizamos a conferencia impartida por Humberto Bustince, "A Revolución da Intelixencia Artificial na Medicina Actual". Nela trataremos a orixe da Ciencia dos Datos e o Big Data e analizaremos o novo concepto de medicina personalizada, con exemplos de proxectos realizados e liñas de futuro, coas súas correspondentes implicacións éticas e técnicas.

Humberto Bustince é catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidad Pública de Navarra e profesor honorario da University of Nottingham.

A xornada terá lugar o vindeiro día 3 de outubro ás 11:30 h. na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Máis información nos teléfonos 981919300/986465234 ou a través do correo electrónico comunicacion@aetg.gal.

Invitación conferencia IA - web nova.gif

Proxecto financiado pola Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia

Invitación conferencia IA - web nova.gif