Conferencia aos alumnos do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación da EET de Vigo

O venres 11 de decembro tivo lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a conferencia impartida polo Secretario do COETG e da AETG, Ricardo Fernández, dirixida aos alumnos do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación da EET da Universidade de Vigo.

O Secretario do COETG/AETG destacou a importancia de pertencer ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e á Asociación para defender os intereses do colectivo, e explicou as funcións de ambas entidades e os servizos que se ofrecen tanto aos profesionais como aos estudantes. Ademais explicou aos alumnos as diferentes saídas profesionais dos enxeñeiros de telecomunicación e a súa transversalidade.

Esta actuación enmárcase na liña de colaboración que o COETG/AETG mantén coa propia Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, que ten entre os seus obxetivos o de darlles a coñecer aos estudantes as funcións tanto da Asociación como do Colexio Oficial e a importancia e vantaxes de formar parte deles.

Foto2.jpg

foto uni.jpg