Conferencias sobre Intelixencia Artificial e Xemelgos Dixitais xa dispoñibles on-line

Xa están dispoñibles na canle de Youtube do COETG/AETG as conferencias organizadas pola AETG recentemente que se celebraron na Cidade da Cultura de Galicia, en base ao convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Estas actividades realízanse en virtude do convenio subscrito entre a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a promoción das Tecnoloxías da Información e a Comunicación durante o ano 2019.

Accede aos contidos aquí ou no banner específico da web

A primeira das xornadas, baixo o título "A revolución da Intelixencia Artificial na Medicina Actual", foi impartida polo catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Humberto Bustince, o pasado día 3 de outubro. Nela, o relator, explica como axuda a Intelixencia Artificial e a Ciencia dos Datos, na detección e diagnóstico de determinadas doenzas, como o cancro e expuxo varios casos de uso nos que se están aplicando estas tecnoloxías. Sinala tamén a importancia das implicacións éticas na implantación deste tipo de tecnoloxías na área da medicina personalizada destacando a relevancia do xuízo clínico, o cal non pode ser substituído por máquinas á hora de establecer un diagnóstico.

bustince conf_0.jpeg



A segunda xornada, titulada "Xemelgos Dixitais e o reto dos Buques Intelixentes", foi impartida polos enxeñeiros e Directores de Navantia, Donato Martínez Pérez de Rojas, Juan Ignacio Silvera Vez e Carlos Blanco Seijo. Presentouse unha visión xeral do plan de transformación que da lugar ao Xemelgo Dixital no entorno da construción naval, abordaron os retos e oportunidades desta tecnoloxía e a súa implicación no ecosistema naval e marítimo, finalizando cunha exposición dun caso de aplicación nos futuros buques da Armada Española.

IMG_3291web.JPG

IMG_3291web.JPG