O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación acaba de presentar as bases que regulan a II edición do "Premio Pioneras 2021" que recoñece a traxectoria profesional da muller enxeñeira de telecomunicación, pioneira nunha profesión técnica cunha alta porcentaxe de profesionais varóns.
Bases do premio Pioneras 2021
O prazo de presentación das solicitudes remata o día 12 de marzo de 2021, e poderán participar nesta convocatoria as enxeñeiras de telecomunicación colexiadas maiores de 50 anos.