Convocados os XLII Premios IT que recoñecen os mellores traballos de 2021

Xa está aberto o prazo de presentación á XLII edición dos Premios Ingenieros de Telecomunicación que galardoan as mellores teses doutorais, traballos fin de máster e traxectorias académicas. En total, 13 categorías que abordan os aspectos máis relevantes do ámbito das Telecomunicacións, como o 5 G, as aplicacións espaciais, os sistemas de comunicación vía satélite, a seguridade e defensa, a tecnoloxía e saúde, e as novas tecnoloxías.

A data límite de presentación de solicitudes a estes premios convocados pola AEIT e COIT será o 26 de abril de 2022, e cada participante poderá optar a un máximo de tres categorías nos premios relativos a mellor tese doutoral e mellor traballo fin de máster.

Máis información

premios_cuadrado_w.png