O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ATA O LUNS 8 DE SETEMBRO ÁS 14.00 HORAS
O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2014. Estes premios son:
- Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2014.
- Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2014.
- Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador 2014.
- Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2014.
Os Premios entregaranse no transcurso da XIX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
O prazo de presentación de memorias para todos os premios remata o vindeiro luns 8 de setembro ás 14:00 horas.
- Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2014. Patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros, este premio pretende dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
- Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2014. Patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) e dotado con 2.000 euros, con este premio preténdese fomentar a realización de teses doutorais con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.
Bases do Premio GRADIANT
Ficha resumo
- Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador 2014. Patrocinado pola Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (INEO) e de carácter honorífico, preténdese recoñecer ás empresas cuxo traballo constitúa un modelo para o mundo das TICs.
Bases do Premio INEO
Solicitude de participación Premio INEO
- Premio Mellor Proxecto TIC con beneficios Sociais 2014. En colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) este premio é de carácter honorífico e está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.
Bases do Premio Beneficios Sociais
Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais