Convocatoria dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA TODOS OS PREMIOS REMATA O LUNS 18 DE XULLO DE 2016 ÁS 9.00 HORAS

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2016. Estes premios son:

  • Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2016.
  • Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2016.
  • Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2016.
  • Premio INEO ao Produto ou Servizo máis innovador.

Os Premios entregaranse no transcurso da XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

O prazo de presentación de memorias para todos os premios remata o vindeiro luns 18 de xullo ás 9:00 horas.

PREMIOS COETG/AETG 2016:

- Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2016. Patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e dotado con 6.000 euros, este premio pretende dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Bases do Premio GGC 2016

- Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2016. Patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT) e dotado con 2.000 euros, con este premio preténdese fomentar a realización de teses doutorais con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.

Bases do Premio GRADIANT 2016
Ficha resumo da tese Premio GRADIANT 2016

- Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2016. En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) este premio é de carácter honorífico e está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

Bases do Premio Beneficios Sociais 2016
Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais 2016

- Premio INEO ao Produto ou Servizo máis innovador. Patrocinado pola Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia (INEO) e de carácter honorífico, está destinado a recoñecer ás empresas que estean a contribuír a modernización e a innovación na economía galega.

Bases do Premio INEO 2016
Solicitude de participación Premio INEO 2016