Dabondo coñecido, a Elon Musk chegáronlle a alcumar o «Tony Stark» da vida real polas súas tolas ideas e a súa visión de futuro. Creou a pasarela de pagos PayPal e, sendo multimillonario, liderou proxectos vangardistas como Space X, que propón lanzar foguetes espaciais privados, ou Tesla Motors, a súa aposta polos vehículos eléctricos. Pero o seu catálogo de ideas é moi variado, que vai desde enerxía solar, o transhumanismo como defensa dos perigos da intelixencia artificial ou o transporte terrestre supersónico.
Fonte: sevilla.abc.es